TRALLO funcionamento
1- Para arma-la trampa, agárrea polo mango e aperte rexamente (fig.1). Cos gallos abertos totalmente, faga vira-lo gatillo e leve punta ó burato da lingüeta ata que esta enganche na pequena entalla do gatillo (fig.2).
2- Neste punto, vaia afrouxando o mango con coidado ata asegurarse de que a trampa queda armada.
3- Nunca pase a man polo interior dos gallos ou pinzas. A trampa podería dispararse accidentalmente e causarlle algunha lesión (fig.3).
4- Non permita que sexa utilizada polos nenos. Cando non estea disposta para usar, gárdea nun lugar ó que eles non poidan acceder.
5- Se a trampa está montada, pódese evitar o accidente dun neno cubríndoa cun caldeiro colocado ó revés.
CONSELLOS PARA A BOA UTILIZACIÓN DO CAZA-TOUPAS
1º- Normalmente, as
toupas saen das zonas altas, como valos, árbores, moreas de esterco...
2º- Na primeira colocación é importante comprobar por ónde se están movendo as toupas. Para iso, pisaremos lenemente tódalas canles que atopemos. Ó día seguinte observarémo-las zonas polas que as toupas volveron a traballar (os túneles pisados a véspera están levantados) e escollerémo-lo lugar pra situa-lo TRALLO
3º- Escollido o sitio, pisámo-la canle lenemente e cravámo-los catro gallos da trampa na terra, dúas en cada lado do túnel, a unha profundidade de 7 cm., máis ou menos, de xeito que a lingüeta quede a ras de terra e orientada ó través da canle.
* Antes de deixa-la trampa colocada definitivamente, é moi importante provocar un ou máis disparos, enterrando os gallos o suficiente, e sacala cada vez, sen abrir. Desta forma comprobaremos que funciona correctamente e
eliminaremos obstáculos para os gallos (terróns, pedras,...) que lles impedirían cerrarse de todo ó ser activada a trampa.
4º- A toupa, ó regresar polo túnel que nós pisamos, vén levantando a terra, que, á vez, empuxa a lingüeta e fai que se dispare o TRALLO e que a toupa quede pillada entre os gallos.
5º- Liberada a toupa do aparello, adoita dar bo resultado volvelo a poñer no mesmo sitio ata elimina-la colonia, sobre todo si a captura é recente.